Ir o contido principal

Investigadores de Veterinaria participarán na XXI Reunión da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica

Será este mércores 24 en Ferreira de Pantón, ata o día 26

Un equipo de investigadores da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo participarán este mércores 24 na reunión número 21 da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP) que se celebrará en Ferreira de Pantón ata o día 26, co obxectivo de fomentar e difundir os estudos de Anatomía Patolóxica. A decana de Veterinaria, Ana Bravo, estará acompañada por un equipo de investigadores do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da Facultade.
O acto inaugural dará comezo ás 19:00 horas no Hotel Golf Balneario Augas Santas. A continuación o doutor Alfonso López impartirá a conferencia de apertura destas xornadas, titulada ‘Tendencias actuais na educación veterinaria e práctica da patoloxía en Norteamérica’.
A SEAP, que foi creada para afondar no nivel profesional docente e investigador da especialidade de Anatomía Patolóxica, celebra estas reunións para promover e facilitar os contactos entre patólogos españois e estreitar relacións con outras sociedades científicas, nacionais ou estranxeiras, relacionadas con esta especialidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2009.