Ir o contido principal

O ISI incorpora a revista The European Journal of Psychology Applied to Legal Context, editada na USC

A revista The European Journal of Psychology Applied to Legal Context, cuxo editor é o profesor da USC Ramón Arce, acaba de ser incorporada á base de datos do Institute for Scientific Information (ISI) que recolle as publicacións científicas máis importantes e influentes do mundo. Como revista oficial da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica que é, publica artigos empíricos, estudos teóricos e revisións que abordan temáticas relacionadas coa psicoloxía e a lei. Ata agora leva editados oito números, dous por ano dende 2009, sempre nos meses de xaneiro e xullo. A publicación diríxese a persoal investigador, académico e profesionais de Psicoloxía, Dereito, Traballo Social, Ciencias Forenses, Educación e, en xeral, aquelas disciplinas relacionados con las Ciencias Sociales y la Ley. O ISI conta cun estrito proceso de selección das publicacións científicas que incorpora nas áreas de ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Este organismo indiza anualmente preto de 10.000 revistas internacionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2012.