Italia, Reino Unido e Irlanda centran a mediados de mes as xornadas do Cetur sobre novos mercados turísticos
As xornadas que o Centro de Estudos Turísticos da Universidade de Santiago (Cetur) organiza sobre os novos mercados analizarán o caso italiano o vindeiro 16 de outubro e o día anterior o de Reino Unido e Irlanda. Todas as sesións celebraranse no Hotel Monumento San Francisco de Compostela.
O prazo de matrícula no seminario, patrocinado pola Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Turismo, permanecerá aberto ata o 11 de outubro. Están previstas dez prazas libres de matrícula para persoas vinculadas con algún concello da provincia de A Coruña e outras tantas para persoal da Administración autonómica.
No seminario do día 15 os distintos expertos falarán dos mercados inglés e irlandés e o seu potencial para Galicia, o papel do viaxeiro británico como consumidor e a importancia de internet. Ademais, nunha mesa redonda analizaranse os retos fronte aos novos mercados turísticos.
Do mesmo xeito, na xornada dedicada ao mercado turístico italiano profundarase na súa oportunidade para Galicia, no turista italiano como consumidor e no modelo modelo Ryanair como paradigma do crecemento das rexións, entre outras cuestións.