A IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia chega este xoves ao seu fin con 'Minifundiolandia'
IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia
Teatro no Aramio será o grupo que poña fin este xoves, día 5, á novena Mostra de Teatro Universitario de Galicia que comezou a pasada semana e pola que pasaron doce compañías.
O grupo da USC porá en escena, ás 21:00 horas no Teatro Principal, a obra ‘Minifundiolandia’, de Antonio de Valdivielso a partir de Die wahre Geschichte des Ah Q de Christoph Hein.
Baixo a dirección do propio Valdivielso e durante oitenta minutos catro actores contarán unha historia de ofensores e ofendidos.