Jaume Llibre, un dos máis prestixiosos especialistas mundiais no estudo dos sistemas dinámicos, participa este xoves no Seminario Vidal Abascal
Jaume Llibre, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona e un dos máis prestixiosos especialistas mundiais no estudo dos sistemas dinámicos, participa este xoves 29 no Seminario Vidal Abascal. O profesor Llibre pronunciará a conferencia titulada ‘Conxuntos de períodos das funcións holomorfas dunha superficie de Riemann’ a partir das 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas.
O preto de catrocentos traballos publicados por Jaume Llibre nas mellores revistas da área, abranguen un amplo abano que vai da mecánica celestial ao estudo dos sistemas dinámicos discretos, pasando pola análise cualitativa das ecuacións diferenciais ordinarias. Ademais, ten impartido un gran número de seminarios de investigación e conferencias científicas en diversas institucións nacionais e internacionais. Na actualidade, é editor xefe da revista Qualitative Theory of Dynamical Systems.O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.