José Luis Gómez pon en escena este martes La media noche, de Valle-Inclán

O actor e director da compañía madrileña Teatro de la Abadía, José Luis Gómez, porá en escena este martes 8 no Auditorio de Galicia unha obra pouca coñecida e profundamente innovadora de Valle-Inclán, La Media Noche, na que conta a súa visión como correspondente no bando aliado da I Guerra Mundial.
O Teatro de La Abadía é o creador deste espectáculo, titulado ‘Valle-Inclán: visión estelar de un momento de guerra’, no que se fía o texto de 1917 para respectar e representar o ideal soñado do autor, isto é, contar a alma descarnada dun autor que mira a terra dende a súa estrela, fóra do tempo e do espazo. Fará a presentación o profesor da USC e director da Real Academia Española, Darío Villanueva.
Esta representación forma parte dos actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Ramón del Valle-Inclán (1866-1936) que organiza a Cátedra Valle-Inclán da USC.
As entradas -8 euros- están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e poderán adquirirse o mesmo día da función no Auditorio de Galicia.