Juame Lloveras e Juan Piñeiro guían unha viaxe pola agricultura tradicional galega entre 1978 e 1986 na Escola Politécnica
O catedrático de Produción Vexetal da Universidade de Lleida, Jaume Lloveras, e Juan Piñeiro, que foi director e xefe do departamento de Pastos e Forraxes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, guiarán este mércores, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior unha viaxe pola agricultura tradicional galega no período comprendido entre 1978 e 1986.
LLoveras e Piñeiro presentarán unha visión directa de diversos aspectos da agricultura galega de hai tres décadas, a través dos cultivos e das paisaxes agrarias, pero tamén a través do gando, as labores agrícolas e a comercialización dos produtos. Na súa exposición, os dous relatores empregarán como apoio da súa exposición unha colección de fotografías tomadas polo propio Jaume Lloveras durante os anos que traballou no CIAM de Mabegondo e posteriormente editadas por Juan Piñeiro, nas que as propias imaxes recrean o pasado recente da agricultura galega. Esta actividade formativa e de divulgación está promovida polo grupo de investigación Economía Agraria e Social da USC e aínda que se dirixe especialmente ao alumnado do Máster en Agrónomos, a sesión está aberta á participación de todo o público interesado na temática.