Ir o contido principal

Juan Casares Long asiste en Madrid ao I Cumio de Reitores de Universidades de Chile e España

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, participa estes días en Madrid no I Cumio de Reitores de Universidades de Chile e España organizado pola Embaixada de Chile en España, Universidad.es (portal do Ministerio de Educación do Goberno español), Casa de América e Fundación Chile-España. No encontro estudaranse as oportunidades conxuntas de cooperación académica, científica e institucional. Casares, que participa en calidade de presidente da CICUE/CRUE, intervén este venres 24 nun panel de resumo no que se tratarán as fórmulas para fomentar a relación educativa superior entre España e Chile. Con el intervirán o director xeral de Política Universitaria do Ministerio español de Educación, Cultura e Deporte, Jorge Sáinz González; o xefe de División de Educación Superior do Ministerio de Educación de Chile, Alberto Vásquez Tapia; e o reitor da Universidade de Santiago de Chile, Juan Manuel Zolezzi.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2014.