Juan Viaño felicita a Darío Villanueva por ser elixido director da RAE

En nome da Universidade de Santiago de Compostela, o reitor Juan Viaño felicita publicamente a Darío Villanueva Prieto por ter sido elixido Director da Real Academia Española (RAE), “cos mellores desexos de éxito na súa xestión”.
Darío Villanueva é Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e foi reitor da nosa Universidade no período 1994-2002. Segundo o reitor “o seu talante, a súa formación, a súa personalidade fan do profesor Villanueva unha figura sobresaínte e idónea para tan alta misión”.
Juan Viaño di que “é unha honra para a Universidade e para Galicia ter académicos na RAE” e “ prodúcenos -engade- unha gran satisfacción a noticia de que un dos nosos profesores vai ser, a partir de hoxe, o máximo responsable da Institución”.