Ir o contido principal

As Leccións Xacobeas na USC celebran o vindeiro mes a súa terceira edición

As dúas primeiras edicións das ‘Leccións Xacobeas na USC ‘ espertaron entre os integrantes da comunidade universitaria o interese polos estudos e investigacións xacobeas, enchendo un baleiro e participando dun fenómeno que ten xerado congresos, publicacións e liñas de investigación.

A edición de 2010, ademais de contar coa comunidade científica e estudantil, aspira a abrirse a todas aquelas persoas interesadas pola cultura xacobea, lema este último do encontro que se vai celebrar entre os días 20 e 23 de xullo no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.

Ademais da participación de profesores da USC como relatores, o programa inclúe a intervención de recoñecidas personalidades da investigación, do mundo da cultura e da comunicación audiovisual, tanto no plano nacional como internacional.

A participación nesta edición das Leccións poderá validarse por un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC, ademais de que se van ofertan quince bolsas para estudantes da USC e outras tantas para estudantado doutras universidades. Para o persoal docente e investigador, o encontro é unha actividade recoñecida por parte da Consellaría de Educación como formación permanente do profesorado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2010.