Ir o contido principal

A nova Lei do Solo e a comercialización de produtos da horta, a análise na EPS da man do grupo de innovación docente Ruralia

O enxeñeiro agrónomo Miguel Álvarez ofrece este martes o relatorio ‘O solo rústico na nova Lei do Solo’

A nova Lei do Solo e os procesos de comercialización de produtos de horta centran esta semana a temática de dúas actividades formativas e de divulgación promovidas na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC polo grupo de innovación docente Ruralia no marco do ciclo ‘Na EPS queremos saber’.

A análise polo miúdo da nova Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, será este martes o eixe temático da intervención do enxeñeiro agrónomo e licenciado en Dereito Miguel Álvarez Álvarez, quen ofrecerá, a partir das 16.00 horas, na aula 18 da EPS, un relatorio co título ‘O solo rústico e a nova Lei do Solo’. A terceira das sesións programadas polo grupo Ruralia ao abeiro do ciclo ‘Na EPS queremos saber’ terá lugar o venres 29 de abril, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior, onde o xerente de Horsal Sociedade Cooperativa Galega, Fernando Veiga, analizará os procesos de comercialización de produtos de horta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2016.