Ir o contido principal

Bueno Lema clausura este venres o VI Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental en Ciencias

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá este venres, día 12 de setembro, a partir das 20.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias do campus de Lugo, o acto de clausura da sexta edición do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.

O director deste posgrao oficial da USC, o profesor Carlos Herrero Latorre; o decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; o alcalde de Lugo, José López Orozco, e o deputado provincial delegado da área de Asistencia e Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos Ramos, tamén intervirán nesta sesión de clausura e entrega de diplomas aos 22 titulados universitarios que completaron este máster oficial ao longo do curso 2013-2014.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2014.