Ir o contido principal

O libro 'Producción limpia en la industria de curtiembre' preséntase este venres na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago

O libro Producción limpia en la industria de curtiembre presentarase este venres, día 21, na Sala X3.1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago nun acto que comezará a partir das 10:00 horas.
O libro presentarano o coordinador do volume, o profesor da USC Ramón Méndez Pampín, e os restantes responsables da edición, os profesores Gladys Vidal Sáez e Fernando Márquez Romegialli, da Universidade da Coruña; e Karl E. Lorber, da Universidades austríaca de Leoben, acompañados por representantes da dirección da ETSE.
Producción limpia en la industria de curtiembre presenta diferentes alternativas para a solución de problemas vinculados á industria de curtiembre, tanto no ámbito dos procesos produtivos como no da xestión ambiental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2007.