Ir o contido principal

Un libro sobre sistemas de regado preséntase o luns na EPS

O libro ‘Automatización e telecontrol de sistemas de regado’ que edita o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia presentarase o luns 28 no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, ás 19:00 horas.
O libro achega todos os aspectos técnicos sobre a materia e foi coordinado polos enxeñeiros agrónomos Antonio Ruiz Canales e Miguel Molina Martínez. Na súa elaboración participaron profesores, investigadores e profesionais de diferentes universidades españolas, á parte da USC, como a Miguel Hernández, a Politécnica de Cartagena, e a de Castilla-La Mancha.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2009.