Ir o contido principal

As Licenciaturas de Matemáticas e Historia celebran este venres o acto de licenciatura

As Licenciaturas de Matemáticas e de Historia do Campus de Santiago celebrarán na tarde deste venres, día 9, o seu acto de licenciatura.
Os alumnos da licenciatura de Historia desenvolverán o acto a partir das 17:30 horas no Paraninfo da Universidade, na propia Facultade de Xeografía e Historia. Intervirán a decana, Mar Llinares; o padriño da promoción, o profesor José María Portillo; e os alumnos Rubén Olmo e Salomé Brea, tras quen terá lugar a entrega de diplomas.
MatemáticasPola súa banda, o acto de Licenciatura de Matemáticas, que terá lugar na Aula Magna do centro ás 18:00 horas, estará presidido pola vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso. Comezará cunha semblanza do curso polos alumnos Lara Andrea Neira González e Javier Seoane Bascoy e continuará coa intervención dos padriños da promoción, os profesores Mª Elena Vázquez Abal e Luis Mª Hervella Torrón. Tras un saúda do decano, Juan Viaño, procederase á entrega dos diplomas conmemorativos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2008.