Ir o contido principal

A liga de debate da USC chega ao seu fin este sábado cunha moi alta participación

O Club de Debate Compostela (CDC) pechará este sábado 30 en Matemáticas a súa liga interna, a maior de España en canto a número de participantes, un centenar de case todas as carreiras que ofrece a USC. Ata de agora todos os equipos tiveron que debater sobre a legalización da eutanasia. Os debates comezarán ás 10:00 horas e rematarán coa final ás 13.00 horas no Salón de Graos do centro. Alí coñecerase o equipo gañador, que representará a USC nun torneo estatal, e a persoa con maiores dotes de oratoria de entre os novos da asociación.

A liga interna, na que colaboraron activamente a Facultade de Matemáticas e Estalmat Galicia, contou nesta cuarta edición cun altísimo nivel de participación en canto os seus participantes, que aprenderon tanto das xornadas de formación organizadas pola propia asociación coma dos seus capitáns, todos eles veteranos do debate, e no equipo xuíces, ex debatentes e docentes universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2013.