Ir o contido principal

Loito na Universidade polo falecemento do profesor Antonio Blanco Seoane e do alumno Santiago Pena Boado

A Universidade de Santiago está de loito polo falecemento do profesor xubilado da área de Enxeñaría Química Antonio Blanco Seoane e do alumno do grao de Química Santiago Pena Boado, e quere unirse á dor das súas familias e amizades.

O Departamento ao que o profesor Blanco pertenceu ata o pasado ano súmase especialmente ás condolencias lembrando a súa longa e fecunda actividade docente e investigadora e convida a participar nos actos fúnebres que terán lugar na tarde deste xoves, ás 18:00 horas na Igrexa de Cacheiras (Parroquia de San Simón de Ons).

O funeral de Santiago Pena, que cursaba cuarto curso de Química, será tamén esta tarde, ás 19:30 horas na Concatedral de San Julián de Ferrol.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2018.