Lugo Cultural presenta a cuarta edición do ciclo de concertos ‘Entre Lusco e Fusco’
Representantes das institucións que conforman o convenio Lugo Cultural, a USC, a Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este mércores 7 ás 12:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo a cuarta edición do ciclo de concertos ‘Entre Lusco e Fusco’ que se desenvolverá na cidade os mércores 14 e 21 de xullo.
Na presentación estarán o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Francisco Javier Garbayo Montabes; o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; a xefa do Servizo de Cultura da Xunta de Galicia, Silvia Cereijo; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.