Lugo Cultural presenta o oitavo Encontro Universitario de Danza Contemporánea
Representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural: a USC, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este martes 20 ás 11:15 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo a oitava edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea que se desenvolverá na cidade os días 28 e 29 de abril.
Na presentación estarán a vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académicas, Begoña Barreiro; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Tamén asistirá o director do Espazo de Danza da USC e responsable do evento, Juan Carlos Zahera.