O lugués Nacho Samena e Hit de beat ofrecen espectáculo ‘Unha viaxe musical no tempo’ este luns no auditorio da Casa do Saber

O estudante de piano no Conservatorio de Música de Lugo Nacho Samena presentará este luns 25 de marzo xunto cos seus compañeiros do grupo Hit de beat o espectáculo ‘Unha viaxe musical no tempo’ no auditorio da Casa do Saber.
Esta función encádrase no marco do ciclo Na Calzada, unha actividade complementaria do programa de música clásica promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural ‘Músicas a carón da Mosqueira’, e e co que se pretende facer visible e poñer en valor o traballo que están a desenvolver novos valores artísticos do panorama lugués.
A actuación de Nacho Samena e Hit the beat, unha función na que conflúen de xeito harmónico a música de cámara e a maxia, comezará ás 20.00 horas e a entrada é libre e de balde para todo público interesado ata completar o aforo, tal como sucede coa programación desenvolvida ao abeiro do convenio Lugo Cultural.