Ir o contido principal

A luguesa Alba Barral, a primeira alumna do Espazo de Danza da USC, entre as nominadas os Premios Max de Teatro

A luguesa Alba Barral, que foi a primeira alumna do Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera e con que se formou durante un período de tres anos, figura entre a lista de finalistas da décima oitava edición dos Premios Max de Teatro, uns galardóns cuxa cerimonia de entrega se desenvolverá o vindeiro luns 18 na sala Barts de Barcelona. Alba Barral, que na actualidade traballa como bailarina profesional nunha compañía barcelonesa, figura entre as tres finalistas dos Premios Max na categoría de mellor bailarina principal pola súa intervención na coreografía ‘Brutal Love Poems’, de Thomas Noone, unha investigación abstracta que evoca un estado emocional como é o amor. Na súas aspiracións por acadar o Premio Max na categoría de mellor bailarina principal, Alba Barral compite con outras dúas bailarinas, como son Rocío Molina e Olga Pericet, nomeadas como finalistas polas súa respectivas participacións nas coreografías ‘Bosque Ardora’ e ‘Pisadas’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2015.