Ir o contido principal

En marcha unha nova edición da convocatoria de Novos talentos musicais

Cartel da convocatoria
Cartel da convocatoria
A inscrición pode realizarse ata o 15 de decembro
Santiago de Compostela

A USC e a Asociación Compostela Sound organizan o cuarto ciclo de concerto ‘ Novos Talentos Musicais’ para a promoción de novos músicos/as galegos, residentes en Galicia ou estudantes de centros música da comunidade autónoma. Este Ciclo diríxese a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara menores de 29 anos. Constará de seis recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo da Universidade e na sala da Real Sociedade Económica de Amigos do País en Santiago de Compostela.

A inscrición pode formalizarse ata o 15 de decembro realizándose unha audición que sservirá de proceso de preselección o 11 de xaneiro de 2020. Esta proba desenvolverase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e os/as candidatos/as deben presentarse co/a seu pianista acompañante.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2019.