Ir o contido principal

Marcha nórdica, unha nova actividade deportiva en Santiago

Marcha nórdica, unha nova actividade deportiva en Santiago
Marcha nórdica, unha nova actividade deportiva en Santiago

A Fundación USC Deportiva organiza en marzo en Santiago unhas xornadas prácticas de marcha nórdica, unha nova actividade física que consiste en camiñar empregando unha técnica denominada ALFA cuns bastóns especiais que non só serven de apoio e equilibrio senón que son ademais instrumento de impulso. Dirixidas a calquera persoa interesada, as sesións serán os venres 6, 13 e 27 de marzo pola tarde cunha duración de entre dúas horas e media e tres horas, e descorrerán pola Alameda, o Sarela e o monte Pedroso. O curso estará impartido por María Cecilia García Carrara, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, máster en Actividade Física e Saúde e especializada en marcha nórdica. Para participar nesta actividade, cun máximo de 15 persoas, deberase formalizar a inscrición a través da páxina web da USC Deportiva. O prezo do curso é de 75 euros ou de 27 por sesión. Os bastóns específicos para a marcha nórdica serán proporcionados pola organización.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2015.