Unha marcha nórdica pola Alameda compostelá, nova proposta para os amantes da natureza
A Fundación USC Deportiva comeza o curso convidando a unha marcha nórdica o 25 de setembro próximo. Esta novidosa variante das camiñadas atopa nos bastóns o seu útil diferenciador xa que non só cumpren a función de apoio e equilibrio senón que se utilizan para o desprazamento como instrumento de impulso. O paseo, dunhas 2 horas, partirá do Campus Vida e discorrerá pola Alameda de Santiago da man de María Cecilia Garcia Carrara, graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte con Máster en Actividade Física e Saúde.