Marek Kregleswki, novo presidente do Grupo Compostela de Universidades

O profesor Marek Kreglewski, catedrático de Química da Universidade Adam Mickiewicz de Poznan (Polonia), foi elixido onte novo presidente do Grupo Compostela de Universidades, a rede internacional de institucións de educación superior que reúne 64 universidades procedentes de 27 países de todo o mundo. Marek Kreglewski sucede a Maurits van Rooijen, presidente do CGU durante os últimos oito anos. Ademais de catedrático especialista en Química Teórica, Espectroscopía Molecular e Programación, é xefe do departamento de Química Teórica na súa universidade e director do Centro Interuniversitario de Informática, entre outras institucións nas que desempeña funcións. Ten estado vinculado ao CGU desde o 2001, ano no que entrou a formar parte do Comité Executivo como Tesoureiro. A elección do novo presidente e o seu Comité Executivo realizouse no marco da XXI Asemblea Xeral do CGU, que se celebra dende o xoves ata o sábado na cidade de Santiago de Compostela.