Ir o contido principal

María José Domínguez, nomeada membro do consello científico internacional do Instituto da Lingua Alemá de Mannheim

María José Domínguez Vázquez
María José Domínguez Vázquez

A profesora da USC María José Domínguez Vázquez acaba de ser nomeada membro do Consello Científico Internacional do prestixioso Instituto da Lingua Alemá de Mannheim, sendo a única representante de España neste órgano. Fundado en 1964, é a institución máis relevante para a investigación e documentación da lingua xermana actual que contempla entre as súas principais funcións a promoción do estudo científico desa lingua e velar pola cooperación internacional entre Alemaña e os países representados. O proceso de selección dos membros deste consello realízase por diferentes gremios científicos atendendo á meritoria traxectoria curricular e ao labor realizado no ámbito da lingua e lingüística alemá. Para María José Domínguez Vázquez, profesora titular de Gramática Alemá da USC desde 2008 e fellow da Fundación Alexander von Humboldt a partir do 2012, este recoñecemento supón unha “grande honra” que lle permitirá “facer confluír sinerxías entre as diferentes institucións representadas e a Universidade de Santiago, na que se están levando a cabo investigacións ao máis alto nivel científico”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2015.