Ir o contido principal

Marilar Aleixandre, premio de novela longa Eduardo Blanco Amor 2020

Imaxe de arquivo de Marilar Aleixandre
Imaxe de arquivo de Marilar Aleixandre
O texto premiado relata a historia das visitadoras de cárceres, ambientando o seu desenvolvemento no último terzo do século XIX

As malas mulleres, obra que asina a profesora ad honorem Marilar Aleixandre, acaba de ser recoñecido co premio de novela longa Eduardo Blanco Amor na súa trixésimo novena edición. O texto relata a historia das visitadoras de cárceres, ambientando o seu desenvolvemento no último terzo do século XIX.

O xurado outorgou o galardón por unanimidade recoñecendo así un traballo que incorpora “con habelencia elementos poéticos que reforzan unha trama ben estruturada e compensada que enriquece o relato”. Incorporando no fío condutor as figuras de Juana de Vega e Concepción Arenal, a proposta da profesora Aleixandre “recoñece e destaca, literariamente o traballos das chamadas visitadoras de cárceres e as súas ideas progresistas e pioneiras”.

O xurado da presente edición do Premio Blanco Amor estivo integrado por Luis González Tosar, como presidente; María Canosa, secretaria; e Avelina Rodríguez, Luciano Rodríguez e Xan Carballa, como vogais. Esta é unha convocatoria organizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación "Eduardo Blanco Amor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2020.