Ir o contido principal

Este martes colócase a primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural 'Luís Iglesias'

Este martes 6, a partir das 12:30 horas, terá lugar o acto de colocación da primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural da USC ‘Luís Iglesias’ que se levantará na Finca de Vista Alegre.
A este acto simbólico asisten o reitor Senén Barro; o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; o arquitecto responsable do proxecto César Portela; e a directora do Museo, María Isabel Fraga.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.10.2009.