Ir o contido principal

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación analiza o programa de investigación para as PEMEs do VII Programa Marco

O xefe da Unidade de Peme’s da Dirección Xeral de Investigación da Comisión Europea, Fernando Trabada Crende, participa este xoves 11 no programa docente do Máster en Economía e Xestión da Innovación que organiza o grupo ICEDE.
Trabada Crende vai analizar na súa intervención o programa de investigación para as pequenas e medianas empresas do VII Programa Marco así como as pautas que rexen no proceso de avaliación e procesos. A sesión vaise celebrar a partir das 17:30 horas na Aula 19 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
MásterO Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, que dirixe o catedrático Xavier Vence, tenta contribuír ao fortalecemento das capacidades do sistema de innovación mediante a formación de especialistas na xestión da investigación e da innovación. Trata deste xeito de profesionalizar e aumentar a capacidade de organización e xestión eficiente dos recursos dedicados á creación de coñecemento.
Na mesma liña, o posgrao tamén pretenden formar profesionais no ámbito do desenvolvemento económico, de aplicabilidade local e rexional, para capacitalos no deseño e xestión de proxectos de desenvolvemento a nivel empresarial, rexional e local, e aplicar instrumentos de políticas sectoriais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2010.