Ir o contido principal

O máster en Dirección de Proxectos bota a andar a súa novena edición na EPS do Campus Terra da USC con 20 alumnos

Alumnado do Máster en Dirección de Proxectos da USC, na Escola Politécnica Superior
Alumnado do Máster en Dirección de Proxectos da USC, na Escola Politécnica Superior

O máster en Dirección de Proxectos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC bota a andar a súa novena edición cun total de 20 persoas inscritas, na súa maioría enxeñeiros xa titulados.

Estruturado en 60 créditos ECTS, o máster en Dirección de Proxectos da USC é un programa oficial de posgrao que xa conta cunha traxectoria consolidada e que segue a manter un alto grao de interese entre o estudantado estranxeiro. De feito, das 20 persoas matriculadas nesta edición do máster, cinco proceden de Brasil, Venezuela, Ecuador e Brasil. A maioría do alumnado correspóndese con enxeñeiros titulados no Sistema Universitario de Galicia, aínda que tamén hai tres inscritos que completaron a sú formación de grao en Alacante, Granada e Oviedo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Tomás Cuesta García; o coordinador deste máster oficial, o tamén profesor na EPS Carlos Amiama Ares, e o deputado provincial da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera Capón, foron os encargados de dar a benvida ao novo alumnado deste posgrao intervirán como relatores neste acto de benvida do alumado dun posgrao cuxos contidos formativos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas dúas organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI) e a International Project Management Association (IPMA).

De esquerda a dereita, Amiama, Cuesta, Bueno e Rivera, na inauguración do posgrao

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2016.