Ir o contido principal

O máster en Dirección de Proxectos da USC pon en marcha a súa oitava edición este xoves na Escola Politécnica Superior

O máster en Dirección de Proxectos da USC porá en marcha este xoves, día 10 de setembro, a súa oitava edición coa celebración do acto de presentación deste posgrao oficial, unha sesión que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá a inauguración desta nova edición no máster en Dirección de Proxectos da USC no marco dun acto, no que ademais dos estudantes inscritos, tamén participarán o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta García; o coordinador deste posgrao oficial da USC, Carlos Amiama Ares, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Mari Teijeiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2015.