Ir o contido principal

O máster en Enxeñaría Ambiental recibiu a súa credencial como Mestrado Excelente

En primeiro termo, os representantes dos mestrados, con Francisco Omil pola USC no centro. Foto: Santi Alvite
En primeiro termo, os representantes dos mestrados, con Francisco Omil pola USC no centro. Foto: Santi Alvite
Esta iniciativa acredita o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos e, doutra banda, tamén supón unha garantía de futuro para os estudantes. Ten unha vixencia de cinco cursos académicos renovables
Lugo, Santiago de Compostela

O reitor Antonio López e o seu homólogo da Coruña Julio Abalde recibiron este venres de mans da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional en funcións, Carmen Pomar, as Mencións de Máster Universitario Excelente a titulacións universitarias oficiais destas dúas universidades. Ao acto asistiron tamén os presidentes dos Consello Sociais da USC, Cecilia Sierra, e de Uvigo, Ernesto Pedrosa.

Nesta primeira convocatoria de Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia obtiveron este selo de calidade o máster universitario en Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela e os de Bioloxía Molecular, Celular e Xenética e o de Enxeñería Informática, da Coruña. Esta iniciativa impulsada pola administración autonómica, acredita, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos que acadan este recoñecemento; e, doutra banda, tamén supón unha garantía de futuro para os estudantes. Ten unha vixencia de cinco cursos académicos ao fin dos cales poderá ser renovado por períodos sucesivos de igual duración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2020.