Ir o contido principal

O máster en Produción de Leite da USC bota a andar a súa quinta edición na EPS de Enxeñaría de Lugo con todas as prazas cubertas

De esquerda a dereita, Lorenzana, Cuesta, Valcárcel, Santos e Pereira, na presentación do máster en Produción de Leite da USC
De esquerda a dereita, Lorenzana, Cuesta, Valcárcel, Santos e Pereira, na presentación do máster en Produción de Leite da USC

O máster propio da USC en Produción de Leite botu a andar a súa quinta edición este venres na Escola Politécnica Superior de Enxeñarí, cun acto institucional no que interviron como relatores a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o director da EPS de Enxeñaría de Lugo, Tomás Cuesta; o director xerente do Laboratorio Interprofesional Galego (Ligal), Roberto Lorenzana Fernández; o deputado provincial da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e o coordinador deste posgrao propio da USC, o profesor José Manuel Pereira González.

Estruturado en 60 créditos ECTS e cunha ampla carga de formación práctica, o máster propio da USC en Produción ce Leite cubriu nesta edición as 12 prazas ofertadas e incluso, ante a elevada demanda rexistrada de alumnado, admitiu a outras dúas persoas para cursar diversos módulos específicos.

O coordinador deste mestrado, José Manuel Pereira, sinalou asemade que a metade do alumado do máster procede do ámbito formativo das ciencias veterinarias, mentres que a outra metade completou estudos da rama agrícola e alimentaria. Outro dos datos a salientar responde ao feito de que un terzo dos matriculados este curso procede de Portugal.

A organización da formación programada no marco deste posgrao da USC, no que participan uns 60%, na súa maioría profesionais externos que desenvolven o seu cometido en empresas ou entidades ligadas ao sector leiteiro, tamén presenta certas singularidades. Daquela, cómpre lembrar que máis da metade da docencia expositiva desenvolverase nas instalación do campus de Lugo, mentres que o resto das sesións presenciais terán lugar nas dependencias do Laboratorio Interprofesional Galego (Ligal) e no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam), na provincia da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2018.