Ir o contido principal

O máster en Sociedade da Información da USC organiza un encontro científico no mes de xuño en Madrid

As comunidades científica e industrial reuniranse no mes de xuño na Universidade Politécnica de Madrid para debater en torno a diversos aspectos relacionados coa información intelixente e os sistemas de comunicación. O workshop Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional organízano o Máster en Sociedade da Información da USC e o proxecto SINDUR coa colaboración da Unión Xeográfica Internacional e do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Trátase de reunir a especialistas de diversas disciplinas que discutan de maneira interdisciplinar sobre o estado da arte, os modelos e arquitecturas así como os paradigmas e as fronteiras que motivan o avance da sociedade da información nos espazos urbanos e rurais. En concreto, profundarase en áreas como a comunicación, a intelixencia artificial, a ciencia web, o desenvolvemento rexional, teorías das ciencias económicas e sociais, a representación do coñecemento e a enxeñaría, a infraestrutura da información e os sistemas intelixentes distribuídos no web e na sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2012.