Unha masterclass solidaria de zumba recada fondos para Cruz Vermella no Pavillón Universitario

Máis de 200 persoas participaron na masterclass de zumba celebrada esta pasada fin de semana en beneficio de Cruz Vermella, entidade á que se destinarán os fondos recadados. A xornada celebrouse no Pavillón Universitario coa colaboración da Fundación USC Deportiva e a USC organizando o evento e cedendo as instalacións.
Esta xornada de fusión de música e fitness durante máis de dúas horas, conduciuna un equipo de 10 monitores e monitoras coordinados por Adrián Romero, instrutor da Fundación. Ao traballo voluntario e desinteresado de monitores e monitoras (Mónica, Ana María, Ana Escrich, Elena, Kiko, Vanessa, Tibisat, Cristian, Lucía e Elisa) sumouse a colaboración doutras empresas que ofreceron servizos e achegaron o soporte e produtos necesarios para o desenvolvemento desta masterclass solidaria.
Os fondos destinaranse a Cruz Vermella