Ir o contido principal

Matemáticas homenaxea o luns o seu PDI e PTXAS xubilado

fFacultade de Matemáticas
Facultade de Matemáticas
Recoñecerá o labor desenvolvido por Julia Aneiros Peña, Celsa García-Píccoli Atanes, Pedro Faraldo Roca, María Ángeles Fernández Sotelo, Manuel Porto Canosa e Juan Manuel Viaño Rey
Santiago de Compostela

A Facultade de Matemáticas renderá o luns 21 unha emotiva homenaxe a seis docentes e PTXAS que se xubilaron ou xubilan neste curso académico e recoñecerá así o labor desenvolvido ao longo das súas carreiras profesionais de Julia Aneiros Peña, Celsa García-Píccoli Atanes, Pedro Faraldo Roca, María Ángeles Fernández Sotelo, Manuel Porto Canosa e Juan Manuel Viaño Rey.

A cita será no centro ás 12:30 horas baixo a presidencia do decano, Alberto Cabada Fernández, e nela intervirán Rosa Crujeiras Casais, Mercedes Conde Amboage, Patricia Barral Rodiño e Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, quen presentarán, respectivamente, as persoas homenaxeadas que acuden o luns ao acto Pedro Faraldo, María Ángeles Fernández, Manuel Porto e Juan Manuel Viaño.

A cerimonia está organizada polo equipo decanal xunto cos departamentos de Estatística, Análise Matemática e Optimización e Matemática Aplicada. A música do acto correrá a cargo de Mario Diz Otero, director da Orquestra da USC.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2025.