Ir o contido principal

As matemáticas no teatro, nova conferencia do ciclo 'Unha andaina pola Matemática'

A profesora do Departamento de Matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho Stadler intervirá o vindeiro luns 13 no ciclo ‘Unha andaina polas matemáticas’ cunha charla na que explicará como a literatura, a música e a arte en xeral se atopan salpicados por numerosas trazas matemáticas.
Coa intervención titulada ‘Matemáticas ¡voto a brios!’, ás 17:00 horas na Aula Magna da Facultade, Marta Macho falará da incursión das matemáticas no mundo do teatro, ben a través de obras onde notables personaxes son os protagonistas (O caso de Sofía K., O último tango de Fermat, O encontro de Descartes con Pascal novo, etc.), onde a estrutura da obra é claramente matemática (Quad, A árbore teatral, O aumento de soldo, etc.) ou nas que esta ciencia xurde de maneira destacada no argumento (A banda de Moebius, O rinoceronte, Matemática na cociña, etc.).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2009.