Ir o contido principal

A matrícula anticipada en doutoramento para alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior pode formalizarse ata o 18 de abril

Poderá acceder a estes estudos o alumnado alleo ao EEES que teña un título homologado a un título universitario oficial español. FOTO: Santi Alvite
Poderá acceder a estes estudos o alumnado alleo ao EEES que teña un título homologado a un título universitario oficial español. FOTO: Santi Alvite
Deberá realizarse por medios electrónicos a través da Secretaría Virtual
Lugo, Santiago de Compostela

A USC mantén aberto o prazo para concorrer á convocatoria de matrícula anticipada en estudos de doutoramento oficial para alumnado con titulacións de acceso de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) para o curso académico 2022/2023. A vontade desta convocatoria é que o estudantado poida ter unha admisión e matrícula con tempo suficiente para poder obter os permisos necesarios no seu país antes de iniciar o curso académico en España.

Poderá acceder a estes estudos o alumnado alleo ao EEES que teña un título homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES ou un título declarado equivalente polo Ministerio de Educación, e que faculte en ambos casos para o acceso a estudos de doutoramento. Tamén poderán acceder os/as titulados/as de sistemas educativos alleos ao EEES sen a necesidade de homologar o seu título, previa comprobación pola Universidade de que o título da persoa interesada acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois.

Quedan excluídos desta convocatoria os/as estudantes que teñan residencia en España e os/as que estean ou tiveran estado matriculados/as en calquera titulación das tres universidades galegas. Tamén quedan excluídos os/as estudantes procedentes de sistemas educativos do EEES. Este estudantado poderá solicitar a admisión no seu caso pola cota xeral.

A solicitude de admisión poderá presentarse ata o día 18 de abril de 2022 ás 23.59 horas e deberá realizarse por medios electrónicos a través da Secretaría Virtual neste enderezo web. A oferta de prazas está detallada no anexo da convocatoria e os requisitos específicos para o ingreso en cada un dos programas figuran na páxina web oficial de cada un deles. A admisión tramitarase por orde de solicitude ata cubrir as prazas ofertadas entre os/as que reúnan os requisitos esixidos no programa.

Os/as solicitantes que non puidesen matricularse a través desta convocatoria por estar cubertas as prazas, poderán solicitar de novo unha praza na convocatoria xeral de admisión nos estudos de doutoramento para o curso 2022/2023 cos criterios de selección recollidos nesa convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2022.