Ir o contido principal

A matrícula no programa de extensión cultural de astronomía da USC debe formalizarse este xoves

Este curso por vez primeira se abre á cidadanía en xeral

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC pon en marcha unha nova edición do seu Programa de extensión cultural de astronomía (PECAS), que este ano por vez primeira se estende á cidadanía en xeral e non só á comunidade universitaria. A matrícula neste curso deberá formalizarse nun único día, este xoves 27 de outubro. O PECAS, unha actividade de extensión cultural xa consolidada na USC, contempla sesións de observación nocturna tanto visuais como con telescopios así como do sol e charlas sobre cuestións actuais de astronomía. As persoas da USC interesadas en asistir poderán inscribirse por internet ou de maneira presencial no Observatorio o mesmo día 27 a partir das 20.00 horas, mentres que as non vencelladas á USC deberán facelo na Área de Cultura do Colexio de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2011.