Ir o contido principal

Mecanismos congnitivos e neurais da linguaxe, nova conferencia do Foro CEA

Mecanismos congnitivos e neurais da linguaxe, nova conferencia do Foro CEA
Mecanismos congnitivos e neurais da linguaxe, nova conferencia do Foro CEA
Impartiraa Manuel Carreiras, director do Basque Center on Cognition, Brain and Language

O director do Basque Center on Cognition, Brain and Language, Manuel Carreiras, impartirá este venres 5 de maio a conferencia ‘Linguaxe: mecanismos cognitivos e neurais. O relatorio, ás 12:30 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC (Parque Vista Alegre), supón unha nova sesión do Foro CEA ‘Memoria, Identidade, Mundo: O Desafío das Humanidades’, nesta ocasión organizado coa colaboración do grupo de investigación Variación, cambio lingüístico e gramaticalización .

Manuel Carreiras é catedrático de investigación IKERBASQUE, catedrático honorario do University College London e profesor visitante da UPV/EHU. A súa investigación, inscrita no ámbito da neurociencia, céntrase na lectura, o bilingüismo e a aprendizaxe de segundas linguas. É editor de Frontiers in Language Sciences e editor asociado de Language, Cognition and Neuroscience.

Publicou máis de 200 artigos en revistas de alto impacto no campo e a súa investigación foi financiada por diferentes axencias de investigación. Foi ademáis coordinador do proxecto Consolider-Enxeño 2010 titulado COEDUCA, que aglutinou máis de 70 investigadores, e actualmente desenvolve o proxecto bi-literacy, financiado polo ERC (European Research Council).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2017.