Ir o contido principal

Medalla de ouro no Campionato de España de Taekwondo, prata en Remo e bronce en Karate

Xa se coñecen os resultados dos Campionatos de España nos que a USC destacou en Taekwondo, cunha medalla de ouro para José Manuel Ríos na categoría de máis de 84 quilogramos, e en Remo, coa prata en dobre-scull para Laura González e Antía Domínguez. Ademais, a deportista Noelia Cortiñas acadou o bronce na sección de kata en Karate.
En Judo, Paula Vilacoba e Daniel Prado conseguiron o quinto posto nas categorías de menos de 57 quilogramos e en menos de 100, respectivamente. O mesmo lugar ocupou á USC en Triatlón con Alberto Trillo e no Campionato de Xadrez onde participaron un total de 47 universidades. Finalmente, Carlos Villamor chegou o sexto á meta nos 5.000 metros lisos en pista al aire libre de Atletismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2008.