Ir o contido principal

Medicina celebra este mércores o seu acto de graduación

O reitor Juan Casares presidirá o acto da promoción 2008-2014, composta por trescentos cincuenta alumnos

A promoción 2008-2014 da Facultade de Medicina da USC, composta por 350 alumnos e alumnas, celebra o seu acto de graduación este mércores 22. O reitor Juan Casares presidirá a cerimonia que comezará ás 12.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, e que contará coa presenza do decano desta facultade, Juan Gestal Otero; o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia, Luciano Vidán; o presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, José Carro; e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos da USC, Ángel Álvarez Prechous. A mesa presidencial complétase con membros do equipo de dirección da institución académica. No acto, no que se lerá a Declaración de Xenebra, os futuros licenciados e licenciadas recibirán os seus respectivos diplomas acreditativos e intervirá o padriño da promoción, o neurólogo do CHUS Miguel Blanco González.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2014.