Ir o contido principal

Medicina celebra este mércores o acto de licenciatura e graduación dunha nova promoción

O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 27 o acto académico de licenciatura e grao de Medicina nunha sesión ás 12.00 horas no Palacio de Congresos.

Á sesión está previsto que asisten ademais o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Luis Verde Remeseiro; o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia, Luciano Vidán Martínez; o presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, José Carro Otero; Guillermo Deben, do Colexio de Médicos da Coruña; e a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Benita Silva Hermo, ademais do decano da Facultade Juan Gestal, entre outros.

Logo da proxección dun vídeo introdutorio, a sesión comezará coa intervención do padriño da promoción que nesta ocasión será o catedrático Ángel Carracedo. Claudio Rivadulla e Alicia López tomarán a palabra a continuación en representación do alumnado, o que dará paso á entrega de diplomas acreditativos. O decano Juan Gestal será quen interveña con anterioridade á declaración de Xenebra que lerán Carmen González-Carreró Sixto e Kevin Torres Espinosa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2016.