Medicina celebrou a graduación da promoción 2008-2014

A promoción 2008-2014 da Facultade de Medicina da USC celebrou o seu acto de graduación este mércores 23 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. O reitor Juan Casares presidiu a cerimonia na que se graduaron composta por 350 alumnos e alumnas e na que tamén participaron o decano desta facultade, Juan Gestal Otero; o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia, Luciano Vidán; o presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, José Carro; e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos da USC, Ángel Álvarez Prechous. Ao acto tamén asistiron outros membros do equipo de dirección da institución académica. Durante a cerimonia, como é tradición, deuse lectura á Declaración de Xenebra e os futuros licenciados e licenciadas recibiron os seus respectivos diplomas acreditativos. Actuou como padriño da promoción o neurólogo do CHUS Miguel Blanco González. O reitor presidiu o acto no que tamén participaron representantes do equipo de dirección da Facultade de Medicina e da organización colexial. Foto: Santi Alvite