A mellora xenética nas granxas de coellos, a análise en Lugo
Os datos actuais, os investimentos e os resultados das melloras xenéticas nas granxas de coellos para produción de carne centrarán a conferencia sobre ‘Xenética e cunicultura’ que Julián Gullón Álvarez, representante dos Servizos Técnicos de COGAL (Conejos Gallegos Sociedad Cooperativa). impartirá este martes 12 de xaneiro ás 11:00 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Este relatorio é o segundo dun ciclo relacionado coa mellora xenética e coa evolución que o Departamento de Xenética da USC programou para este curso académico no campus lugués.
A seguinte conferencia correrá a cargo do catedrático de Xenética da USC, Gonzalo Álvarez, que falará sobre ‘A extinción da dinastía Habsburgo en España: unha perspectiva xenética’ o vindeiro 19 de xaneiro.