O Mercado ecolóxico Lusco e Fusco instalarase por un día en Campus Vida
O Mercado de produtos ecolóxicos Lusco e Fusco trasládase puntualmente este xoves 24 dende o seu emprazamento habitual no parque de Belvís ata a praza do Seminario de Estudos Galegos en Campus Vida, nunha iniciativa promovida pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC. En horario de 12.00 a 18.00 horas ofreceranse produtos da horta, alimentos elaborados, artesanía, fitoterapia e cosmética, todos eles de produción ecolóxica ou de comercio xusto. A xornada complétase con actividades de troco e obradoiros de artesanía.