Ir o contido principal

Este mércores entréganse en Filoloxía os premios da I Olimpíada de Textos Clásicos

Este mércores entréganse en Filoloxía os premios da I Olimpíada de Textos Clásicos
Este mércores entréganse en Filoloxía os premios da I Olimpíada de Textos Clásicos

O Departamento de Latín e Grego da USC e a Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos entregarán este mércores 27 en Filoloxía os premios da I Olimpíada de Textos Clásicos a Marina Martínez Sande, do IES de Fene, gañadora do exame de textos gregos, e a Adrián Boullosa Fraga, do IES Valle Inclán de Pontevedra, que o fixo na proba de textos latinos. A entrega de 250 euros para cada un dos estudantes premiados terá lugar ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade e xusto despois terá lugar a representación do Miles gloriosus de Plauto a cargo do grupo Noite Bohemia da Coruña. Nesta primeira olimpíada participaron 72 estudantes galegos de bacharelato, 45 na proba de latín e os restantes na de grego. Os exames consistiron na tradución dun texto proposto de entre os autores seleccionados para a Selectividade, acompañada dunha análise morfolóxica e sintáctica. No caso da lingua grega, os textos extraéronse do primeiro libro de Anábase e do tamén primeiro de Helénicas, de Xenofonte, e das obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates. En lingua latina foron textos de Eutropio e Fedro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2015.