Este mércores remata o prazo de matrícula dos cursos do Centro de Linguas Modernas para o segundo semestre

Este mércores 15 remata o prazo de matrícula nos cursos do segundo semestre do Centro de Linguas Modernas (CLM). En Lugo ofértanse alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés e portugués. En Santiago poderán cursarse alemán, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, inglés, italiano, portugués e xaponés.
Outras modalidades
Como novidades, o CLM tamén contempla na súa oferta docente a modalidade Speaking-Skills (B1-B) para persoas que xa teñen o exame B1-A aprobado ou para aquelas que desexan practicas a destreza oral no nivel B1, así como un curso de inglés (B1) en modalidade semiintensiva semestral e o curso Advanced Speaking Skills for Tourism (C1). Calquera persoa interesada que precise máis información sobre a oferta do CLM para o segundo semestre pode dirixirse ao enderezo clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es).