Ir o contido principal

Este mércores remata o prazo de preinscrición no Verán CampUSC 2016

Este mércores remata o prazo de preinscrición no Verán CampUSC 2016
Este mércores remata o prazo de preinscrición no Verán CampUSC 2016

O prazo de preinscrición no Verán CampUSC 2016 para nenos e nenas de 3 a 13 anos remata este mércores 11 pola noite. O día 13 publicarase a listaxe de persoas admitidas, que dende ese momento poderán formalizar a súa praza efectuando o pagamento ata o 29 de maio.

O Verán CampUSC divídese en cinco quendas -do 23 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 15, do 18 ao 22, do 26 ao 29 de xullo e do 1 ao 9 de setembro– e o seu horario é de 8:45 a 14:45 horas, un tempo no que os nenos e nenas participarán en actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos.

Concretamente, gozarán de piscina, deportes de raqueta e de combate, psicomotricidade, deportes colectivos, sendeirismo, acrosport, xogos predeportivos ou xogos populares, entre outros. Dentro das propostas asociadas ao ocio e tempo libre inclúense obradoiros con distintas técnicas e materiais como modelaxe, pintura, recortables ou papiroflexia, así como cancións, xogos cooperativos e visitas a lugares significativos da cidade ou do seu contorno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2016.