Ir o contido principal

A micoloxía, eixo das actividades deste mes do Museo de Historia Natural da USC

A micoloxía, eixo das actividades deste mes do Museo de Historia Natural da USC
A micoloxía, eixo das actividades deste mes do Museo de Historia Natural da USC

O Museo de Historia Natural da USC organiza un completo programa de actividades para este mes de novembro centrado na micoloxía e dirixido a nenos, adultos e familias.

Logo do obradoiro de ilustración de animais con Fermín Solís deste sábado e para o que xa non hai prazas, está previsto unha saída micolóxica por Compostela para a tarde do 23 de novembro. O día seguinte, o licenciado en Bioloxía e investigador en formación da USC Martín Souto Souto impartirá a charla obradoiro ‘Biodiversidade micolóxica galega’.

O programa continuará o 26 de novembro co obradoiro infantil (de 6 a 12 anos) ‘Aprende de cogomelos no Museo de Historia Natural’ e rematará o domingo 27 con outra andaina micolóxica pola cidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2016.